Blogia
Andresadas

Antena 3 non respeta nada

Antena 3 non respeta nada Moitos de vostedes viron o partido que enfrontou a España contra Bélxica no estadio Rei Balduino de Bruselas. Puideron observar que, nas vallas publicitarias electrónicas sitas nas bandas do campo, os reclamos publicitarios non tiñan pinta de proceder de Bélxica... A non ser que os belgas sexan afeccionados tamén o brandy Garvey da casa da familia Ruiz Mateos, ou teñan a liña ADSL de Ya.com...

Antena 3, como boa canle privada, basa o seu presuposto na contratación dos espazos publicitarios, pero... non é isto excesivo? Non se debería respetar a publicidade que colocan os anunciantes belgas? Cánto diñeiro recaudaría Antena 3 con toda a broma?...

Sinceramente, o respeto e a cordialidade das canles de televisión non existe. Non só por este incidente, senón por moitos outros que transcorren ó longo dos anos... Non é ilegal colocar anuncios durante os informativos?... Xa todo da igual...

0 comentarios